jueves, 22 de enero de 2009

VERÉMONOS O LUNS

Dado que o temporal previsto para mañá non nos vai permitir reunirnos como tiñamos acordado, cítovos de novo para o luns 26 no segundo recreo, para entregarvos os exemplares de Cometas en el Cielo e resolver as dúbidas que teñades con respecto ao blog.


Por si queredes coñecer algo sobre o autor Khaled Hosseini (e o mesmo tempo refrescar o voso inglés) aquí vos deixo o enlace á súa páxina web









Ata o próximo luns, seguide a disfrutar do San Vicente.


lunes, 19 de enero de 2009

COMETAS EN EL CIELO


Decidimos comezar por aquí, seguindo a suxestión de Silvina. Este será o noso punto de partida, pero, como nos movamos polo camiño e cara onde nos dirixamos depende de vos.

Tamén acordamos incluir as suxestión das próximas lecturas nunha pestana específica que acabo de abrir "Tedes que ler...".

Recórdovos que temos unha cita tecnolóxica pendente para o venres 23 no segundo recreo. Espero que poidamos solventar todos os problemas de entrada no blog.

miércoles, 14 de enero de 2009

PROPOSTAS DE LECTURA




Remítovos algunha das propostas que xurdiron na reunión de hoxe. Facede os vosos comentarios e decidimos mediante unha votación o vindeiro luns 19.
Pincha en cada proposta para abrir os documentos.






sábado, 10 de enero de 2009

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Saúdos a tod@s:
Comezamos o novo ano con moitos folgos e por eso decidimos convocar unha reunión para o vindeiro mércores 14 de Xaneiro durante o primeiro recreo na sala de reunión do Instituto,para darvos algunhas orientación sobre o uso desta mágnifica ferramenta de comunicación e para tomar unha decisión sobre a lectura que imos empreder ao longo deste trimestre.
Para ir facendo boca, remítovos un documento de El País, dun artigo publicado en Babelia cos títulos máis destacados do 2008.

http://www.elpais.com/articulo/semana/placer/paraisos/perdidos/elpepuculbab/20081227elpbabese_3/Tes

Por certo, Eva, benvida. Xa vexo que andas por aquí.