Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2009

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS




Xa rematei o libro, e como xa vos tiña comentado, a historia encantoume, ainda que sexa un pouco descorazonadora. Deixovos enlaces con información interesante. Xa contaredes que tal vos. (Esto vai especialmente por Fredes e Berta, que xa o remataron).








ENTREVISTA CON PAOLO GIORDANO EN LA 2

lunes, 19 de enero de 2009

COMETAS EN EL CIELO


Decidimos comezar por aquí, seguindo a suxestión de Silvina. Este será o noso punto de partida, pero, como nos movamos polo camiño e cara onde nos dirixamos depende de vos.

Tamén acordamos incluir as suxestión das próximas lecturas nunha pestana específica que acabo de abrir "Tedes que ler...".

Recórdovos que temos unha cita tecnolóxica pendente para o venres 23 no segundo recreo. Espero que poidamos solventar todos os problemas de entrada no blog.

miércoles, 14 de enero de 2009

PROPOSTAS DE LECTURA




Remítovos algunha das propostas que xurdiron na reunión de hoxe. Facede os vosos comentarios e decidimos mediante unha votación o vindeiro luns 19.
Pincha en cada proposta para abrir os documentos.






sábado, 15 de noviembre de 2008

COMEZAMOS EN DECEMBRO


Este é o proxecto do noso club de lectura. Estamos a piques de comezar. Animádevos a participar.




PROXECTO CLUB VIRTUAL DE LECTURA. ESTAMOS A LER
1. NOME DO CLUB DE LECTURA.

O nome do noso club de lectura non pode ser mais sinxelo, pero reflexa de xeito claro e preciso o que queremos transmitir:
O feito da lectura como actividade cotián.
O pracer da lectura como unha necesidade para o desenvolvemento persoal.
O enriquecemento da propia lectura a través da lectura compartida.

2. OBXECTIVOS.

· Fomentar a lectura como forma de ocio e desenvolvemento persoal.
· Atender aos intereses persoais e as inquietudes de distintos membros da comunidade educativa.
· Crear ambientes lectores e favorecer o intercambio de experiencias lectoras.
· Fomentar a lectura e o debate arredor dos libros.
· Posibilitar o encontro entre lectores e autores.
· Coñecer máis en profundidade o contexto histórico, as lecturas relacionadas, a traxectoria dos autores, os filmes ou adaptacións teatrais a partir do texto.
· Favorecer as relacións entre os distintos membros da comunidade educativa e potenciar o traballo colaborativo.
· Integrar a lectura, a escritura e o uso das TICS .
· Impulsar a colaboración dos membros da comunidade educativa na elaboración da páxina WEB da nosa biblioteca.

3. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

O club de lectura “Estamos a ler” está dirixido a persoas afeccionadas á lectura que se atopan no noso blog para comentar e valorar, coa axuda dun bibliotecario coordinador, un libro prestado pola Biblosoneira.

Os membros do club desenvolverán as súas actividades, análises e comentarios exclusivamente a través dun blog específico, polo que non é necesario que se reúnan fisicamente para levar a cabo as súas actividades, excepto aquelas reunións presenciais nas que se decidirán as lecturas que se levarán a cabo ao longo do cada trimestre ou outras actividades presenciais que xurdan a partir da lectura dun libro (viaxe cultural, encontros con autores, asistencia a representacións teatrais, pases cinematográficos, conferencias, etc).

Cada membro do club pode participar cando e onde lle conveña sen estar suxeito a un horario ou localización determinado, polo que se converte nun sistema ideal para aqueles que gustan de ler e compartir; isto permite abrir a actividade a todos os membros da comunidade educativa( Pais, nais, profesores/as, alumnos/as, persoal non docente).

Para ser membro do club non fai falta ser un experto lector; está pensado para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida.

A biblioteca disporá dun máximo de 5 exemplares de cada título a ler, pero poderán existir varios clubs virtuais simultáneamente.

COMPOSICIÓN E NÚMERO DE PARTICIPANTES. IMPLICACIÓN DOUTRO PROFESORADO DO CENTRO.

Profesoras coordinadoras: Eva Castro Outeiriño/ Berta Vázquez Cuquejo
Alumnado:
o Silvina Lema Pérez
2º Bach A
o Tania Insua Mosquera
1º Bach B
o Estefanía Rama Lavandeira
1º Bach B
o Melania Pose Mourelle
1º Bach B
o Natalia Lema Vázquez
1º Bach C
o Mª José Mouzo Pasantes
2º Bach B
o Andrea Rodríguez Romar
2º Bach B
o
Cristina Ameijeiras Cundíns
4º ESO A
o Marcos Rodríguez Regueira
2º BAC A

Persoal non docente: María Jesús Blanco Campaña.
Profesorado:

Noa González Patiño
Mercedes Marta Ferreiro
Fredesvinta Limón Nevado
Equipo da biblioteca.



ACTIVIDADES PREVISTAS.

Selección e programación das lecturas.
Presentación da obra a través do blog.
Información de interese e comentarios sobre:
o Autor
o Argumento
o Persoaxes
o Tramas
o Ambientes
o Aspectos para a reflexión
Visionado de versións cinematográficas.
Taller de escritura creativa.
Outras actividades de carácter cultural que xurdan a partir da lectura dunha obra (encontros con autores, rutas literarias, asistencia a exposicións, conferencias, representacións teatrais, etc)

HORARIO E CALENDARIO PREVISTOS PARA AS REUNIÓNS DE CARÁCTER PRESENCIAL.

Selección e programación das lecturas (1º LUNS 15,00-16,00) DECEMBRO 2008 /FEBREIRO 2009/ABRIL 2009

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE ESCOLAR.

Información xeral a través da web do centro.
Información ao alumnado a través dos profesores coordinadores e a Biblioteca.
Información aos pais/nais a través dunha carta informativa sobre a actividade.
Información a través das Bibliotecas Públicas e Escolares da Comarca.